Coro de voces graves · Santiago de Compostela
Coro Crecente
Voces masculinas vinculadas ao barrio de Conxo que cantan música popular galega e habaneras, cultivan a obra coral clásica e seguen a grande tradición coral compostelá.
Novidade · proceso de selección de novas voces
Nace o Coro Crecente de voces femininas
Audicións para el e para o coro de voces graves: martes 6 de outubro e xoves 8 de outubro ás 20:00 h, Igrexa de Santa María Salomé.
Axenda
Onde nos podes escoitar
Axiña anunciaremos os próximos concertos. Mentres, podes ver onde estivemos.
Quen somos
Voces graves, alma compostelá
Naceu en Conxo en abril de 2019, da man dun grupo de coristas que acababan de cantar xuntos A Traviata polos teatros de Galicia.
Hoxe somos vinte e seis voces masculinas en catro cordas, todos afeccionados á música, dirixidos por Francisco Xavier Freire Chico. Cantamos música popular galega, habaneras, clásica e sacra, e poñemos o acento no repertorio feito por músicos vinculados a Compostela.

«Somos voces, moitas voces diferentes a cantar o mesmo instante»Luísa Villalta

Canta connosco
Hai sitio para a túa voz
Se tes voz de tenor, barítono ou baixo e che apetece cantar, ven probar un ensaio.
Non fai falta ter coñecementos musicais: o que importa son as ganas, a constancia e o bo ambiente. Déixanos os teus datos e chamámoste para vir a un ensaio.


