Coro Crecente de voces graves
Voces masculinas vinculadas ao barrio de Conxo que cantan música popular galega e habaneras, cultivan a obra coral clásica e seguen a grande tradición coral compostelá.
Proceso de selección de novas voces
Buscamos voces para o Coro Crecente de voces graves e para o novo Coro Crecente de voces femininas. Anótate e ven cantar para nós.
Voces masculinas vinculadas ao barrio de Conxo que cantan música popular galega e habaneras, cultivan a obra coral clásica e seguen a grande tradición coral compostelá.
Un novo coro que nace baixo o paraugas da Asociación Musical e Cultural Crecente, como sección en período de integración, para cantar o seu propio repertorio e, en ocasións, unir as súas voces ás do coro de voces graves.
Onde e cando
Como é a proba
Unha proba breve e amable para coñecer a túa voz e saber en que corda cantarías mellor.
Non fai falta ter coñecementos musicais nin ter cantado antes nun coro: o que importa son as ganas, o oído e a constancia. Se tes algunha canción que che guste, podes traela.
Director do Coro Crecente de voces femininas
Compostelán (1960), licenciado en Química pola Universidade de Santiago, formouse en solfexo, piano e canto, e cantou desde novo con mestres como o Pai Feijóo, no Coro Universitario e no Collegium Compostellanum. Barítono, chegou a formarse na Bach Akademie.
Salmista da Catedral de Santiago, recibiu o encargo de refundar a súa Escolanía e puxo en marcha o Coro Cardeal Quiroga. Co Coro Crecente compartiu xa moitos momentos: dirixiu o Romance de Don Gaiferos no I Certame Memorial e o coro que estreou as obras gañadoras do Premio Compostela de Composición Coral, do que foi membro do xurado.

Inscrición